Camiño de navegación

Contacto

Teléfonos de Atención ao Cliente:
988 510 672
900 922 472
Horario inverno:
Luns a xoves de 8:00 a 14:00
e de 16:00 a 18:00
Venres de 8:00 a 14:00
Horario verán:
Luns a venres de 8:00 a 15:00

Correo electrónico: info.ourense@avanzagrupo.com
 

Oficina de Atención ao cliente e Obxectos perdidos

Estrada de Castro de Beiro, 31-33
32001 - OURENSE
 
Horario inverno:
Luns a xoves de 8:00 a 14:00
e de 16:00 a 18:00
Venres de 8:00 a 14:00
Horario verán:
Luns a venres de 8:00 a 15:00

Mapa oficina atención al cliente

Geo Localizacion
Direccion Solo Info
Estrada Castro de Beiro, 31, 33

Que facemos:

  • Información ao cliente.

  • Reclamacións, queixas e suxestións.

  • Obxectos perdidos.


Para solicitude e/ou recarga de Tarxetas Milenio, acudir ás oficinas ABANCA autorizadas.

Información importante sobre obxectos perdidos

Se perdiches algún obxecto durante a viaxe, poderás consultar se o atopamos chamando ao teléfono 988 510 672 ao día seguinte á perda.

Recollida:
Os obxectos perdidos e atopados nos nosos autobuses deposítanse nas oficias centrais de Avanza en Ourense (Estrada de Castro de Beiro, 31-33). Poderás recollelos en horario de 09:00 a 14:00, de luns a venres.

Para poder realizar a entrega dun obxecto perdido, será preciso que facilites os seguintes datos:

  • Descrición e características do obxecto.

  • Día, hora e liña da perda.


Documentación a aportar pola persoa que acuda a recoller o obxecto:

  • Se es o propietario do obxecto e maior de 14 anos, necesitaremos que amoses o DNI ou documento equivalente que acredite a túa identidade.

  • Se es o representante da persoa propietaria do obxecto, necesitaremos unha autorización asinada, fotocopia do DNI do propietario e o teu DNI ou documento equivalente.  

  • No caso de que o obxecto perdido pertenza a menores de 14 anos, poderá realizarse a recollida nos seguintes termos:

    • Cando o menor veña acompañado do seu pai/nai ou titor/a, mostrando o DNI ou documento identificativo equivalente do adulto.

    • De acudir pai/nai/ ou titor sen o menor, deberán aportar libro de familia ou identificación como titor ou titor legal para acreditar o vinculo co menor.


Pasada unha semana desde que foron almacenados, os obxectos non reclamados envíanse á oficina da Policía Local de Ourense. As Tarxetas Milenio envíanse ás oficinas ABANCA autorizadas.

Dada a natureza dos mesmos, os obxectos perecedoiros descartaranse.

Suxestións e reclamacións

Instalacións centrais

Estrada de Castro de Beiro, 31-33
32001 - OURENSE