A tarxeta Milenio é un documento identificativo que permite desfrutar de tarifas de transporte urbano bonificadas polo Concello de Ourense, así como o transbordo de balde entre liñas.
Podes solicitar e/ou recargar a túa Tarxeta Milenio nas oficinas ABANCA.
Requisitos:
Tarxeta Milenio Estudante
Tarxeta destinada ás persoas novas matriculadas nalgunha actividade formativa.
A tarxeta emítese cunha vixencia inicial que abrangue ata o cumprimento dos 19 anos e, a partir desa idade, renovarase cada ano ata o cumprimento dos 27 anos.
Requisitos
Ter unha idade comprendida entre os 4 e os 26 anos (ámbolos dous inclusive).
Estar matriculados nalgunha actividade formativa.
Expedición
Para a expedición da tarxeta será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:
-
D.N.I. orixinal
-
Fotografía tamaño carné
-
Fotocopia compulsada e orixinal dos documentos que acrediten a formalización da matrícula de estudos.
*Menores de 18 anos: deben aportar tamén o libro de familia ou equivalente.
Tarxeta Milenio Novos
Tarxeta destinada a persoas de entre 16 e 18 anos (ámbolos dous inclusive) empadroados no Concello de Ourense.
A tarxeta emitirase cunha vixencia até o cumprimento dos 19 anos.
Requisitos
Estar empadroando no Concello de Ourense cunha antigüidade superior aos 6 meses.
Expedición
Para a expedición da tarxeta será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:
-
D.N.I. orixinal
-
Fotografía tamaño carné
-
Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense
*Menores de 18 anos: deben aportar tamén o libro de familia ou equivalente.
Tarxeta Milenio Terceira idade
Tarxeta destinada ás persoas maiores de 65 anos.
Requisitos
Estar empadroando no Concello de Ourense cunha antigüidade superior a 6 meses.
Ter unha capacidade económica inferior ao 150% do IPREM.
Expedición
Para a expedición e renovación da tarxeta (que se realizará cada 5 anos) será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:
-
D.N.I. orixinal
-
Fotografía tamaño carné (só na primeira expedición)
-
Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense
-
Informe do Concello de Ourense de que reúne as condición que marca a Ordenanza respecto a non superar o 150% do IPREM trala consulta de datos da Axencia Tributaria para a cal terá que solicitar previamente no rexistro do concello de Ourense a tarxeta Milenio Pensionista tras cubrir o formulario correspondente.
Tarxeta Milenio Pensionista
Tarxeta destinada a todas aquelas persoas consideradas pensionistas pola lexislación vixente.
Requisitos
Estar empadroado no Concello de Ourense cunha antigüidade superior a 6 meses.
Ter unha capacidade económica inferior ó 150% do IPREM.
Expedición
Para a expedición e renovación da tarxeta (que se realizará cada 5 anos) será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:
-
Fotografía tamaño carné.
-
Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense
-
Informe do Concello de Ourense de que reúne as condición que marca a Ordenanza respecto a non superar o 150% do IPREM trala consulta de datos da Axencia Tributaria para a cal terá que solicitar previamente no rexistro do concello de Ourense a tarxeta Milenio Pensionista tras cubrir o formulario correspondente
Tarxeta Milenio para persoas con discapacidade
Tarxeta destinada a todas aquelas persoas con mobilidade reducida, que presenten unha discapacidade a partir do 65% que dificulte gravemente a súa mobilidade.
O uso desta tarxeta de forma gratuíta será extensiva ao acompañante da persoa que presente dita discapacidade.
Requisitos
Estar empadroado no Concello de Ourense cunha antigüidade superior a 6 meses.
Expedición
Para a expedición e renovación da tarxeta (que se realizará cada 5 anos) será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:
-
D.N.I. orixinal
-
Fotografía tamaño carné
-
Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense
-
Certificado do grado de minusvalía recoñecida e dificultades de mobilidade emitida polo organismo competente
*Menores de 18 anos: deben aportar tamén o libro de familia ou equivalente.
Tarxeta Milenio Desempregados
Tarxeta destinada a todas aquelas persoas demandantes de emprego.
Requisitos
Estar empadroado no Concello de Ourense cunha antigüidade superior a 6 meses.
Estar inscrito como demandante de emprego.
Expedición
Para a expedición e renovación da tarxeta (que se realizará cada 5 meses) será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:
-
D.N.I. orixinal
-
Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense
-
Certificado de estar inscrito como demandante de emprego