Para máis información, consulta a normativa oficial de Ourense
Antes de subir ao autobús

Agarda ao autobús na parada e levanta o brazo para indicar ao condutor a túa intención de subir a ese autobús.

Prepara a túa tarxeta de transporte antes de subir ao autobús.

Non te achegues ao autobús cando iniciou a marcha, non está permitido recoller viaxeiros fóra da parada.

Sube ao autobús pola porta dianteira, respectando a quenda de chegada á parada do resto de viaxeiros.
Para subir

Para non esvarar, extrema a precaución no caso de chuvia.

Se vas en cadeira de rodas, accede pola rampla habilitada na porta traseira.

O acceso de cadeiras de bebés debe realizarse pola porta dianteira. O/a neno/a debe estar correctamente suxeito/a e a cadeira cos freos postos.
Dentro do autobús

As persoas con mobilidade reducida dispoñen de asento reservado.

Para moverte dentro do autobús, emprega as barras e asideiros

Evita obstaculizar o paso ao resto de viaxeiros coas túas pertenzas.

Non está permitido sentarse nas plataformas destinadas a portaequipaxes e paso de roda.
Para baixar

Solicita a parada coa suficiente antelación e comproba que o panel está iluminado.

Ten coidado ao baixar do autobús cos chanzos e niveis.

Ten coidado cando as portas estéanse a pechar e non intentes obstaculizar o proceso de peche.