spinner-avanza

Política De Seguridade, Saúde E Benestar

Mobility ADO, empresa que busca a excelencia operacional establecendo como piar fundamental a seguridade, saúde e o benestar dos seus colaboradores. Uns colaboradores sans e motivados son a mellor carta de presentación da compañía.

O noso compromiso:

A Dirección Xeral de Mobility ADO España, empresa dedicada a prover solucións de mobilidade, considera a xestión da seguridade, saúde e o benestar dos seus colaboradores como un dos piares fundamentais sobre o que construir a súa propia identidade de excelencia no ámbito operacional e de consecución dos seus obxectivos corporativos.

Mobility ADO pretende ir máis aló do estricto cumprimento de requisitos contractuais e lexislativos, apostando pola implantación voluntaria dun Sistema Integrado de Xestión de Prevención de Riscos Laborais así como de Empresa Saudable (SIGOS) co obxecto de lograr satisfacción dos grupos de interés e a mellora continua dos procesos, impulsados por e para toda a organización.

Todo iso no marco do desenvolvemento de actividades enfocadas tanto ás persoas da organización como á participación coa comunidade, fundamentado no estricto cumprimento dos dereitos humanos, a saúde, a seguridade e o benestar, aplicando políticas de igualdade, conciliación e sustentabilidade como factores fundamentais da compañía.

  • A saúde e a seguridade dos traballadores intégrase na nosa organización como un estandarte, sendo a prevención de riscos laborais a guía cara a consecución de ambientes de traballo saudables e a erradicación de accidentes laborais, así como a promoción da saúde no ámbito extralaboral.

  • Por este motivo a Dirección de Mobility ADO España comprométese a implantar e desenvolver dentro da liña estratéxica da compañía un Sistema de Xestión de Prevención de Riscos Laboráis (ISO 45001) e de Organización Saudable (SIGOS), integrado de forma eficaz en tódalas actividades, implicando a todos os niveis da organización e partes interesadas.

  • Con iso búscase a mellora continua das condicións de seguridad e saúde no traballo dos colaboradores de Mobility ADO e alcanzar tanto o seu propio benestar como o das persoas que os rodean dentro da comunidade, como medio para alcanzar a satisfacción do cliente.

    Este compromiso proporciona un marco de referencia para revisar e establecer os obxectivos da mellora e metas medibles e asumibles nos seguintes aspectos:

  • Unhas condicións de traballo seguras e saudables, reducindo a sinistralidade no traballo e mellorando as condicions de traballo de maneira continua

  • O cumprimento dos requisitos legais e outros requisitos, establecendo unha sistemática de identificación de requisitos legais e o cumprimentos dos mesmos e aplicando as novas tecnoloxías para iso.

  • Un compromiso coa mellora continua dos Sistemas de Xestión de Prevención e de Empresa Saudable, como medio para eliminar os perigos e reducir os riscos.

  • A consulta e participación dos traballadores, a través dos Comités de Seguridade e Saúde, fomentando a participación dos colaboradores de todos os niveis e desenvolvendo outras canles de comunicación.

Coa difusión desta Política de Seguridade, Saúde e Benestar preténdese contribuir á consecución con éxito dos obxectivos de seguridade e promoción da saúde establecidos en beneficio de tódolos colaboradores de Mobility ADO.
 

Valentín Alonso Soroa
Director General de Mobility ADO España Noviembre 2022