spinner-avanza

A tarxeta Milenio é un documento identificativo que permite desfrutar de tarifas de transporte urbano bonificadas polo Concello de Ourense, así como o transbordo de balde entre liñas.

Podes solicitar e/ou recargar a túa Tarxeta Milenio nas oficinas ABANCA.

Requisitos: 

Tarxeta Milenio Estudante

Tarxeta destinada ás persoas novas matriculadas nalgunha actividade formativa.

A tarxeta emítese cunha vixencia inicial que abrangue ata o cumprimento dos 19 anos e, a partir desa idade, renovarase cada ano ata o cumprimento dos 27 anos.

Requisitos

Ter unha idade comprendida entre os 4 e os 26 anos (ámbolos dous inclusive). 

Estar matriculados nalgunha actividade formativa.

Expedición

Para a expedición da tarxeta será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA: 

  • D.N.I. orixinal

  • Fotografía tamaño carné

  • Fotocopia compulsada e orixinal dos documentos que acrediten a formalización da matrícula de estudos.

*Menores de 18 anos: deben aportar tamén o libro de familia ou equivalente.

Tarxeta Milenio Novos

Tarxeta destinada a persoas de entre 16 e 18 anos (ámbolos dous inclusive) empadroados no Concello de Ourense.

A tarxeta emitirase cunha vixencia até o cumprimento dos 19 anos.

Requisitos

Estar empadroando no Concello de Ourense cunha antigüidade superior aos 6 meses.

Expedición

Para a expedición da tarxeta será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:

  • D.N.I. orixinal

  • Fotografía tamaño carné

  • Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense

*Menores de 18 anos: deben aportar tamén o libro de familia ou equivalente.

Tarxeta Milenio Terceira idade

Tarxeta destinada ás persoas maiores de 65 anos.

Requisitos

Estar empadroando no Concello de Ourense cunha antigüidade superior a 6 meses.

Ter unha capacidade económica inferior ao 150% do IPREM.

Expedición

Para a expedición e renovación da tarxeta (que se realizará cada 5 anos) será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:

  • D.N.I. orixinal

  • Fotografía tamaño carné (só na primeira expedición)

  • Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense

  • Informe do Concello de Ourense de que reúne as condición que marca a Ordenanza respecto a non superar o 150% do IPREM trala consulta de datos da Axencia Tributaria para a cal terá que solicitar previamente no rexistro do concello de Ourense a tarxeta Milenio Pensionista tras cubrir o formulario correspondente.

Tarxeta Milenio Pensionista

Tarxeta destinada a todas aquelas persoas consideradas pensionistas pola lexislación vixente.

Requisitos

Estar empadroado no Concello de Ourense cunha antigüidade superior a 6 meses.

Ter unha capacidade económica inferior ó 150% do IPREM.

Expedición

Para a expedición e renovación da tarxeta (que se realizará cada 5 anos) será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:

  • Fotografía tamaño carné.

  • Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense

  • Informe do Concello de Ourense de que reúne as condición que marca a Ordenanza respecto a non superar o 150% do IPREM trala consulta de datos da Axencia Tributaria para a cal terá que solicitar previamente no rexistro do concello de Ourense a tarxeta Milenio Pensionista tras cubrir o formulario correspondente

Tarxeta Milenio para persoas con discapacidade

Tarxeta destinada a todas aquelas persoas con mobilidade reducida, que presenten unha discapacidade a partir do 65% que dificulte gravemente a súa mobilidade.

O uso desta tarxeta de forma gratuíta será extensiva ao acompañante da persoa que presente dita discapacidade.

Requisitos

Estar empadroado no Concello de Ourense cunha antigüidade superior a 6 meses

Expedición

Para a expedición e renovación da tarxeta (que se realizará cada 5 anos) será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:

  • D.N.I. orixinal

  • Fotografía tamaño carné

  • Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense

  • Certificado do grado de minusvalía recoñecida e dificultades de mobilidade emitida polo organismo competente

*Menores de 18 anos: deben aportar tamén o libro de familia ou equivalente.

Tarxeta Milenio Desempregados

Tarxeta destinada a todas aquelas persoas demandantes de emprego.

Requisitos

Estar empadroado no Concello de Ourense cunha antigüidade superior a 6 meses

Estar inscrito como demandante de emprego.

Expedición

Para a expedición e renovación da tarxeta (que se realizará cada 5 meses) será necesario presentar a seguinte documentación en calquera oficina de ABANCA:

  • D.N.I. orixinal

  • Certificado de Empadroamento no Concello de Ourense

  • Certificado de estar inscrito como demandante de emprego